Acuseta, marraneta

Acuseta, marraneta,
que-vas-de-ca-be-za-ó-in-fer-no.

Explicación:
Xogo para, literalmente, mandar ó inferno un neno que nos acusara de facer algo. Co furabolos e o matapiollos dunha man formando un círculo en posición horizontal, introdúcese alternativamente o furabolos da outra man por baixo e por riba do círculo acompañando os golpes das sílabas: "que-vas-de-...". O obxectivo é que o dedo índice quede apuntando cara abaixo ó remate da oración. De non ser así, engádese unha frase adicional, do tipo "en-bi-ci-cle-ta", "en-ca-mio-ne-ta", etc.

Xabi X. Xardón, de Morgade - Xinzo de Limia

ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.