Aló arriba (varias versións)

Aló arriba, non sei onde,
hai non sei que santo
que rezándolle non sei que
gánase non sei canto.

Explicación:
Dise cando alguén vai contar algo pero ten moi poucos datos do que vai contar.

Ángela, de Casanova - Riotorto

Aló arriba, naquel monte,
á porta de non sei quen
vin a xa me entendes
non me podo acordar ben.

Viveiro

ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.