Arre cabaliño (varias versións)

Arre, cabaliño.
Arre, burro, arre.
Arre, cabaliño,
que chegamos tarde.
Tres por riba,
tres por baixo,
ata que caias
do cabalo abaixo.

Explicación:
O/a neno/a cabalga na perna do adulto mentres este recita. Cando di: ¡abaixo! agárrao forte polas mans e simula que o deixa caer.

A nosa memoria- Marín

Arre, cabalo,
que vas amontado.
Panza “pa” riba,
Panza “pa” baixo,
ata que caias
do cabalo abaixo.

Francisco Veiga: “A nosa memoria- Marín”

Arre cabaliño
que vas trotando,
tres por riba
e tres por baixo,
ata caer do cabalo:
¡abaixo!

Catuxa de Vigo

1 comentario

Outra 2 máis:

Enviado por Anónimo o Mér, 15/06/2011 - 17:31.

Alto cabalo
que vas para Leiro
que levas a filla
de Pepe o leiteiro.

Dínculin, dínculin
dínculin, dan
quen morreu?
o tío Xan
coas ciroliñas
na man.
Dínculin, dínculin
dínculin, dan.

EVA OTERO (Rianxo)

ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.