Aserrín, aserrán (varias versións)

Aserrín,
aserrán
os madeiros
de San Xoán.
Os de enriba
serran ben
e os de embaixo:
Tamén, tamén, tamén.

Explicación:
Co/a meniño/a sentado/a no colo, collémolo/a polas mans e movémolo adiante e atrás, con cada liña de texto. Coa última, danse tres sacudidas (segundo a idade do/a meniño/a máis ou menos fortes).

Olizinho de Noia

Aserrín,
aserrán,
os madeiros
de San Xoán.
Os do rei
serran ben
os da raíña
tamén
e os do duque
truque, truque, truque.

Mari de Lugo

ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.