Burlas, disparates e mentiras
Picaches, picaches
¡Picaches, picaches,
que tunda levaches!
Explicación:
Díselle a alguén a quen lle acabamos de gastar unha pequena broma.
Anadosa, de Vigo
Mira cantas van
- Mira cantas van.
- ¿... ?
-¡As “caghallas” do teu can!
Meninheira, de Pontevedra
Rapadiño de cou cou
Rapadiño de cou cou,
pasou polo río
e non se mollou,
cun peido na testa
que fede que apesta.
Explicación:
Dise cando se lle corta o pelo a un neno.
A Tía Teresa, de Marín
¿Ti onde vas?
- ¿Ti onde vas?,
rapás do cu “pa tras”.
Meninheira, de Pontevedra
Rapás, rapás
Rapás, rapás,
que tes o cu “pra tras”,
que se o tiveras “pra diante”
valerías dous “reás”.
Explicación:
Úsase nas mesmas circunstancias nas que se poden usar outros recitados con nome, como o de Pepe Repepe, coa diferenza de que neste caso é, digamos, xenérico.
A Portela - Barro
¡Abúrrome!
- ¡Abúrrome!
- Pois quita os pelos dunha perna
e ponos na outra.
Meninheira, de Pontevedra
O corazón dunha pulga
O corazón dunha pulga
quen o soubera guisar.
Daba xantar e merenda
e cea para cear.
A nosa memoria- Marín
O piollo e mais a pulga
O piollo e mais a pulga
foron ó monte cachar
e o carrapato pequeno
foilles levar o xantar.
Agustín Bernárdez: “A nosa memoria- Marín”
Polo mar andan as lebres
Polo mar andan as lebres
e polo monte as anguías.
Os peixes polas labradas
cóllense con “angarillas”.
Vámonos de aí, meniña,
que todos van traballar.
A cadela pon os ovos,
a galiña vai ladrar,
as cuncas varren a casa
e a xesta vaise lavar.
Francisca Souto, de Padrón: “A nosa memoria- Marín”
Aló arriba
Aló arriba, naquel monte,
á porta de non sei quen
vin a xa me entendes
non me podo acordar ben.
Viveiro


Comentarios recentes
hai 6 días 5 horas
hai 6 días 10 horas
hai 2 semanas 2 días
hai 7 semanas 3 días
hai 7 semanas 4 días
hai 8 semanas 7 horas
hai 8 semanas 2 días
hai 15 semanas 5 días
hai 18 semanas 4 horas
hai 18 semanas 2 días