Burlas, disparates e mentiras
Era un bo día de noite

Era un bo día de noite.
O sol cos seus raios xeaba a terra
e eu só , con dous dos meus compañeiros,
camiñabamos sentados nunha pedra.
Ó reflexo dunha luz apagada
vimos o cadáver dun can vivente
e eu , co meu coitelo,
que non tiña nin folla nin mango,
deille tal coitelada
que quedou morto.
Despois de morto berroume:
”Criminal, ¿que fixeches?¡Matáchesme!”
¡Dóeme a barriga! (varias versións)
- ¡Dóeme a barriga!
- ¡Ráscaa cunha estriga!
Explicación:
Para unha queixa infantil bastante cotiá, o adulto responde nun primeiro momento cunha broma. Por suposto que non funciona sempre, pero axuda a quitarlle ferro a unha dor que algunhas veces é máis psicosomática que real.
Amelia de Forcarei
¿Como te chamas? (varias versións)
- ¿Como te chamas?
- Come castañas.
- ¿E de apelido?
- Caldo cocido.
M. Barrio
- ¿Como te chamas?
- Come castañas.
- “Eu as como
e ti as apañas”.
M. Barrio.
- ¿Como te chamas?
- Come castañas.
- “O burro as caga
e ti as apañas”.
¿Quen?
- ¿Quen?
- O rabo da “sartén”
que frite moi ben.
M. Barrio - M. Fernández Costas: “Juegos...”
¿Viches a Arturo?
-¿Viches a Arturo?
- ¿Que Arturo?
- O que “cagha” duro.
¡Chupa no dedo, que é caramelo!
¡Chupa no dedo,
que é caramelo!
¡Chupa na man
que é unha “mazán”!
M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos...”
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »


Comentarios recentes
hai 4 semanas 4 días
hai 8 semanas 3 días
hai 8 semanas 4 días
hai 10 semanas 19 horas
hai 13 semanas 2 días
hai 22 semanas 2 días
hai 23 semanas 6 días
hai 25 semanas 2 días
hai 26 semanas 6 días
hai 27 semanas 4 horas