Coprolalias

Ditos de carácter escatolóxico ("ditos porquiños") que os nenos/as din para "chamar a atención" dos adultos.

Xan Perillán,
fixo unha casa
con merda de can.
“Saleu” para fóra,
mirou para ela,
“¡válgame Dios
que non ten cheminea!”.

Xan Carallán,
amigo das nenas.
Tanto lles “quer”
que mexa por elas.

O gaiteiro de San Xulián
fixo unha casa
de merda de can.
O outro día fun a ela
e non tiña cheminea.

Xan Carallán,
fixo unha casa
de merda de can.
O outro día
foi a ela,
¡pobre de Xan
que non ten cheminea!

Xaime, Ferrolterra

Mira “pra” min,
que son de Lindín.
Mira “pra” atrás,
que cago mazás.

Bretoña.

Ó rinchinchín
ó rabo de min,
ó máis traseiro
cágolle un peido.

Distribuir contido
ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.