Dedín dedín (varias versións)
Dedín, dedín,
do meu borriquín,
cando o rei
por aquí pasou
todas as damas
convidou,
menos unha
que quedou.
Chirlo mirlo,
vaite deitar
ás portiñas
de teu tío
que che dea
de comer
e de cear.
Explicación:
Son moitos os ditos que comezan por Dedín dedín... Poden ter a función de escoller entre os/as xogadores/as ou ben poden acompañar o xogo do mesmo nome Dedín, dedín entre un adulto e un neno/a. Neste caso, o adulto, mentres recita, vai dando belisquiños no dorso de cada un dos dedos do neno/a, que están estendidos. O dedo no que coincide a última palabra dóbrase. O xogo repítese ata que todos os dedos queden dobrados.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos...”
Dedín, dedín,
de zampilinquín,
de zarza mosca,
de rabo de cosca,
cando o rei
por aquí pasou
todas as aves
convidou
menos unha
que deixou.
Zampilinguín,
zampilingato,
se queres comer
vaite deitar
detrás da igrexa,
que alí che darán
pan e “formento”
e cunha chavella
cho meterán dentro.
Puchinocativo, de Cervo
Dedín, dedín,
do teu borriquín,
cando o rei
por aquí pasou
todas as aves
convidou,
menos unha
que quedou.
Chirlosmirlos,
vaite deitar
ás portiñas
de Xan Rei.
Ponte de ouro
para o mouro,
Ponte de prata
para a gata,
chucuruchí
que saias ti.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos...”
Dedín, dedín,
do teu borriquín,
cando o rei
por aquí pasou
todas as aves
convidou,
menos unha
que quedou.
Isto foi
de gran pesar.
Chirlosmirlos
vaite deitar
ata que alguén
te veña buscar.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos...”
Dedín, dedín,
do teu borriquín,
cando o rei
por aquí pasou
todas as damas
convidou,
menos unha
que quedou.
Vai ás portas
de Baltasar
que che dean
de comer
e de cear.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos...”
Dedín,
do charramusquín,
alza, rabo de cuco.
Cando o rei
por aquí pasou
todas as aves
convidou,
menos unha
que deixou.
Chouca, mouca,
vaite deitar
ás portas
de teu primo,
que alí
te irán buscar.
Ti por ti,
quen te salvas es ti.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos...”
Dedín, dedín,
de charramusquín,
rabo de mosca,
rabo de cosca,
cando o rei
por aquí pasou
a tódalas aves
convidou,
menos unha
que deixou,
chouca
la mouca,
vaite deitar
“a las puertas”
de teu primo
que alí
te irán buscar.
Avoa de Álvaro - Alvaro
Dedín dedín,
de pequenequín,
de San Simon,
rabo de mosca,
cando o rei
por aquí pasou
todas as nenas
convidou,
“solo” unha
lle quedou.
Dedín dedín,
de pequenequín,
Xan, Xanote,
rabo do pote,
cando o rei
por aquí pasou
todas as nenas
convidou,
“solo” unha
que deixou,
nin para ti,
nin para min
nin para o rei
de Santiaguín.
Cabeza tola,
vaite deitar
ó camiño
de Santiaguiño,
que alí
te irán buscar
no teu cabaliño.
M. Barrio - Luis Tobío y Campos. “Cosas de niños”
“Anillo”, “anillo”
de janjarabillo,
o teu fillo
a cardomar
que cho leven
a enterrar
toca, viola,
galiña, “pa” fóra.


este xogo non me gustou
este xogo non me gustou