Deus cho pague

- Deus cho pague, que é miolo.
- Dixo a vella polo bolo.

Explicación:
Dise para agradecer algún pequeno favor, pero de xeito que non pareza demasiado formal. Normalmente, cando as dúas persoas coñecen o dito, dise en forma dialogada: o que quere agradecer, empézao; e o que recibe o agradecemento, remátao.

Amelia de Forcarei

ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.