“Dúrmete”, meu neno (varias versións)

“Dúrmete”, meu neno
“dúrmete”, meu sol
“dúrmete, pedazo”
do meu corazón.

Este neno lindo
pronto vai durmir
ten un ollo cerrado
o outro non o pode abrir.

Mercedes Fernández Rodríguez, Segán - O Saviñao

“Dúrmete”, meu neno,
“dúrmete”, meu “benhe”,
“dúrmete”, meu neno,
teño que “cocere”.

M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro...”

“Dúrmete”, meu neno, durme,
que eu teño que “faguere”:
ir por unha ola de auga,
pór as fabas a “cocere”.

M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro...”

“Dúrmete”, meu neno,
que te vou deitar,
que a túa naiciña
ten que ir traballar.

M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro...”

“Dúrmete”, meu neno,
“dúrmete”, meu sol,
“dúrmete”, anaquiño
do meu corazón.

Terra de Melide

1 comentario

versión de Mercedes

Enviado por Anónimo o Mar, 11/10/2011 - 13:47.

Este arrolo cantábamo a miña visaboa fai 36 anos para durmir, é un grande orgullo para min cantarllo hoxe á miña filla de dous meses.
Onde queira que estés avoa, quérote moito

ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.