Era un bo día de noite

Era un bo día de noite.
O sol cos seus raios xeaba a terra
e eu só , con dous dos meus compañeiros,
camiñabamos sentados nunha pedra.
Ó reflexo dunha luz apagada
vimos o cadáver dun can vivente
e eu , co meu coitelo,
que non tiña nin folla nin mango,
deille tal coitelada
que quedou morto.
Despois de morto berroume:
”Criminal, ¿que fixeches?¡Matáchesme!”
ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.
Ditos, recitados e cancións infantís.



![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/facebook.png)
![Logotipo de twitter [Clic para acceder á nosa paxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/twitter.png)
1 comentario
Isto publicouno a miña
Isto publicouno a miña naaai!!!!! Inventouno o meu avó cando era pequecho