Este neniño pequeno

Este neniño pequeno
quen o vai aturular.
Súa nai vai no muíño
e seu pai vai traballar.

Este neniño pequeno
quen lle vai a dar a teta.
Súa nai vai no muíño
e seu pai na herba seca.

Este neniño pequeno
heino de aprender a todo
a amasar e a peneirar
e a botar o pan ó forno.

Este neniño pequeno
heino de mandar á escola
heille de comprar un bombo
e mais unha castañola.

Leilía, Santiago de Compostela

1 comentario

Coñezo unha estrofa máis de "Este neniño pequeno". Sara

Enviado por Anónimo o Xov, 15/12/2011 - 07:52.

Este neniño pequeno
ten ganiñas de durmir
ten un olliño pechado
o outro non o pode abrir

ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.