Este queixo queixolán (varias versións)

Escóitao

Este queixo queixolán.
Esta boca pide pan.
Este “narís” pis, pis.
Estes ollos revirollos.
Esta testa “testaruda”...
¡e este peliño de burra!

Explicación:
Como no anterior, pero no último verso despeitea o/a neno/a con toda a man.

M. Barrio - Bouza Brey: “Xogos iniciáticos...”

Este queixo queixolán.
Esta boca pide pan.
Este "narís narisán”,
Este ollo, pimpinete.
Tírate do cabalo, cabalete.

Explicación:
Na última estrofa temos que coller do nariz o/a meniño/a e darlle unha turriña.

Carme Saborido, de Padrón

Este queixo queixolán.
Esta boca pide pan.
Este ollo pin pin.
Este pimpinete.
¡Arranca cabaletee! (Tírase do nariz)

Soledad Gendra, de Bastavales - Brión

Este queixo queixolán.
Esta boca pide pan.
Este ollo cascolete.
¡Arranca o narisete!

Juan Clemente, de Combarro.

Este queixo queixotán.
Esta boca pide pan.
Este “narís” narisete.
Estes ollos de pisquete.
Esta testa manifesta.
Este cabelo douradiño.
Ven aquí, que che dou un biquiño.

Raquel, de Alxén - Salvaterra de Miño

Este queixo queixolán.
Esta boca pide pan.
Este “naris narisete”.
Este ollo revirete.
Este outro seu rimán.
¡Arriba, “ghabilán”!

Concha, de Cantodarea: “A nosa memoria- Marín”

Este queixo queixolán.
Esta boca pide pan.
Este nariz naricete.
Estes ollos de pisqueta/e
Esta “frente” calderete.
Este peliño de ouro...
¡e sae de aí que che bouro!

Explicación:
No último verso faille coma quen que lle dá unha tortiña.

Montse, de Nigrán

Este queixo queixolán.
Esta boca pide pan.
Este narís narisete.
Este ollo pipirete.
Este outro, seu irmán.
Esta “frente”, frentolán.

M. Barrio - Bouza Brey: “Xogos iniciáticos...”

Este queixo queixolán.
Esta boca pide pan.
Este “narís” narisete.
Estes ollos de pisquete.
¡Toma, toma, carneirete!

Explicación:
No último verso dálle un golpiño na testa.

M. Barrio - M. Fernández Costas: “Juegos...”

Este queixo queixolán,
esta boca pide pan,
estes ollos “pestenexos”.
¡Fura por aquí, “conexo”!

Explicación:
No último verso faille cóxegas no pescozo.

M. Barrio V. Risco: “Etnografía...”

Este queixo queixolán.
Esta boca pide pan.
Este nariz naricete.
Este ollo rebirete.
Esta testa testolán.
Turra polo capitán.

Explicación:
Vanse sinalando todas as partes e no último verso tíraselle ó neno/a do pelo.

ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.