Levántate néboa

Levántate néboa,
filla de can
e mais de cadela,
que aí ven “San Martín”
co seu “borriquín”,
que te ha de matar
e que te ha de levar
para o fondo do mar.

Explicación:
A función deste recitado é para que se levante a néboa; dicíano os nenos cando ían coas ovellas ou coas vacas ó monte porque se había néboa non as vían e podían extraviarse.

Ángela de Riotorto - Lugo

ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.