Mecos no colo

¡Arre, burriquiño!

¡Arre, burriquiño!
Vamos a Belén.
Que mañá e festa,
pasado tamén.
¡Arre, arre, arre,
que chegamos tarde!

M. Barrio - Eladio Rodríguez: “Diccionario...”

Arre, cabaliño

Arre, cabaliño,
para o Santiaguiño,
buscar pan e viño
para este meniño.

M. Barrio - I. Rielo: “Cancioneiro da Terra Chá (Pol)”

Toca a corneta

Toca a corneta,
toca o berimbao,
o neno bonito
ten o cu de pau.

M. Barrio - M. Fernández Costas:: “Juegos...

Soniño, sono

Soniño, sono,
vente a este ollo,
pouquiño a pouco,
vénteme a estoutro.

Explicación:
O adulto vai acariñando os ollos do/a neno/a.

A "miniña" é "piquiniña"

A "miniña" é "piquiniña",
levámola ó “San José”.
”San José” é "piquiniño",
a "miniña" tamén é.
O, oo, oo...

Avoa Clara de Agudelo (Barro)

Arrurrú, arrurrú

Arrurrú, meu corazón,
cando sexas grande
fareiche un pantalón.

M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro...”

Ai ah, ai ah

Ai ah, ai ah.
Andan os porcos no pan.
¿De quen son?
¿De quen son?
Son do Señor Capitán.

Ai ah, ai ah.
Andan os porcos no pan.
¿De quen son?
¿De quen son?
Son do Señor de Losón.

Sabela Gil

Esta meniña ten sono

Esta meniña ten sono,
ten ganiñas de durmir,
ten un olliño pechado
e o outro non o pode abrir.

Serra comadre (varias versións)

Serra comadre,
serra compadre
na madeiriña
do señor abade
a xornal, a xornal,
a xusta, a xusta, a xusta.

Explicación:
Cóllese o/a neno/a no colo agarrándolle as mans e balanceandoas cantamos a canción. Ó chegar “a xornal” o balanceo faise amodo e cando é “a xusta” faise moi rápido.

Mary, de Cospeito

Ris, ras (varias versións)

Escóitao

Ris, ras
aparta “pa” alá
que perdo o compás.

Explicación:
O adulto colle o/a neno/a no colo e abanéao para os lados. Ó rematar o recitado, tras repetilo varias veces, fai coma quen que o lanza ó aire. Ou ben estando o/a neno/a sentado/a no colo fronte a fronte cólleo polas mans e arrandéao para diante e para atrás.
Este recitado tamén pode acompañar un xogo entre dous nenos máis maiores que fan unha especie de serra cun cordel fino.

Distribuir contido

O teu dito en orella pendella

Boletín Orella pendella

Recibirás un correo cando actualicemos o contido.

Iniciar sesión