Mecos no colo

Paxariños que voades

Paxariños que voades
polas follas dos loureiros,
deixade durmir o neno,
que está no sono primeiro.

M. Barrio – Torner: “Cancionero...”

O meu neno está durmindo

O meu neno está durmindo
e hai que andar “devagare”,
pois se non o coitadiño
esperta e rompe a “chorare”.

M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro...”

O meu neno é pequeniño

O meu neno é pequeniño
e aínda non sabe andar
pero como dorme moito
logo me ha de medrar.

M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro...”

O meniño “quer” durmir

O meniño “quer” durmir,
o durmir faino chorar.
Durme, meu meniño, durme,
durme ó son do meu cantar.

M. Barrio – J. Casal: “Cancionero...”

Non te troco, meu meniño

Non te troco, meu meniño,
non te troco, meu amor,
nin pola prata da lúa,
nin polo ouro do sol.

M. Barrio – R. Cabanillas: “Antífona...”

Moito choras, meu meniño

Moito choras, meu meniño,
coa xeada hai que “quentare”.
“Solo” o can quedou no eido,
todos van a “traballare”.

M. Barrio – C. Sampedro: “Cancionero...”

Meu meniño, non “te durmas”

Meu meniño, non “te durmas”
que che vou quentar o leite
e despois, dende que o tomes,
xa podes “adormecerte”.

M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro...”

Meniño, meu amantiño

Meniño, meu amantiño,
“dúrmete” e non chores máis,
que inda teñen que “faguere”
moito traballo teus pais.

M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro...”

Hora, meniño

Hora, meniño, hora, miniño,
que están as sopas
no “caceroliño”.
Meniño e hora,
se non queres calar
chora.

M. Barrio – V. Risco: “Etnografía...”

Este meniño ten sono

Este meniño ten sono
e “quer” que lle canten
o seu arronrrón.
¡Durme, meu meniño, durme!
¡Durme ti, consolo do meu corazón!

M. Barrio – E. Rodríguez: “Diccionario...”

Distribuir contido

O teu dito en orella pendella

Boletín Orella pendella

Recibirás un correo cando actualicemos o contido.

Iniciar sesión