Tempo meteorolóxico (varios)
Marzo, marzal,
pola mañá cara de risa,
pola noite cara de can.
Matilde de Santiago
Se en marzo mallea,
en maio marzea.
Matilde de Santiago
Cando chove e quenta o sol,
anda o demo por Ferrol,
cargadiño de alfinetes,
para picarlles no cu ás mulleres.
Roberto, da Ponte do Porco. Miño, A Coruña
Cando a curuxa vai "pra" Meira,
pon a sella na goteira,
cando a curuxa vai "pro" mar,
colle os bois e vai arar.
Explicación:
Este dito fai referencia ó tempo que ía ir ó día seguinte neste lugar (entre Meira e o mar de Ribadeo).
Chove, chove
na casa do pobre.
Neva, neva
na casa da vella.
“Xía, xía”
na casa da tía.
Sarabea
na casa da tía Andrea
Pinga, pinga
na casa da tía Dominga
Trona, trona
no cu da “patrona”.
Mini e Mero.
Chove, chove
na casa do pobre.
“Xía, xía,”
en cas de García.
Sarabea, sarabea
en casa de Nebra.
Ditos, recitados e cancións infantís.



![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/facebook.png)
![Logotipo de twitter [Clic para acceder á nosa paxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/twitter.png)
Comentarios recentes
hai 3 semanas 21 horas
hai 3 semanas 21 horas
hai 7 semanas 3 días
hai 7 semanas 5 días
hai 10 semanas 22 horas
hai 12 semanas 6 días
hai 13 semanas 3 días
hai 13 semanas 3 días
hai 15 semanas 3 días
hai 16 semanas 5 días