A vaca

A Vaca e a besta

A vaca:

Chover, chover
ata o corno amolecer.

A besta:

Xear, xear
ata o beizo regañar.

Explicación:
Cando os animais falaron expresaron os seus gustos: as vacas querían que chovese porque así había mellor pasto, pola contra as bestas, como son moi finas, querían que lles desen de comer na corte e por iso pedían que xease para non saír a pacer.

Ángela, de Casanova - Riotorto

Abeira, vaquiña, abeira,
con tres follas á ribeira:
unha ó cabo,
outra ó rabo
e outra ó rabo
do seu amo.

M. Barrio - I. Rielo: “Cancioneiro...”

ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.