O arco da vella

Arco da vella,
vaite de aí
que andan os porcos
a fozar en ti.

A nosa memoria- Marín

Arco da vella,
vaite de aí
que as nenas bonitas
non te queremos aquí.

Marga da Estrada

Arco da vella ó levante,
¡ei, boi, para adiante!.
Arco de vella ó poñente,
colle os bois e vente.

Matilde de Santiago

Arco da vella
vaite de aí
que as nenas guapas (1)
non son para ti.

(1) Variante: “bonitas”

M. Barrio - Terra de Melide. Inclúe música.

Arco da vella
vaite de aí,
que andan os sapos
enriba de ti.

M. Barrio - J. Casal y Lois. “Cancionero...”

Arco de vellas,
¿que fas aí?
que está túa mai
chamando por ti
cun ramallo de loureiro
para che bourar o pandeiro.

M. Barrio - X. Alonso Montero: voz “Arco da vella” na “Gran Enciclopedia Gallega”.

Arco da vella
e tres darredor,
pica na pedra
que mañá raia o sol.

M. Barrio - X. Alonso Montero: voz “Arco da vella”...

Arco da vella,
revírate, pedra, (pedrazo ou sarabia)
non botes chuvia
nin pingadela.

M. Barrio - X. Alonso Montero: voz “Arco da vella”...

- Arco da vella,
faime un arado.
- Non fago, non,
que non teño machado.

M. Barrio - X. Alonso Montero: voz “Arco da vella”...

Arco da vella
vai á túa terra
que andan os porcos,
a fozar nela.

M. Barrio - J. Casal y Lois: “Cancionero...”

Variante

Eu coñezo outra versión:

Arco da vella
vaite de aí
que as nenas bonitas
non te queren aquí

Migallas Teatro

O teu dito en orella pendella

Navegación

Boletín Orella pendella

Recibirás un correo cando actualicemos o contido.

Iniciar sesión