O meu neno é pequeniño
O meu neno é pequeniño
e aínda non sabe andar
pero como dorme moito
logo me ha de medrar.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro...”
O meu neno é pequeniño,
pequeniño así o eu quero.
Métoo na manga do saio,
falo con el cando quero.
M. Barrio – J. A. Saco: “Literatura popular...”
O meu meniño é pequeno.
Heino de aprender a todo:
a amasar e a peneirar
e a que quente ben o forno.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro...”
ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.
Ditos, recitados e cancións infantís.



![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/facebook.png)
![Logotipo de twitter [Clic para acceder á nosa paxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/twitter.png)
1 comentario
versión da copla
Este meniño pequeno
heino de enseñar a todo,
a amasar, a peneirar,
a meter o pan no forno.