O piollo e a pulga
O piollo e a pulga querían casar. (Bis)
Non tiñan panciño para “escomenzar”. (Bis)
Saíu a formiga do seu formigueiro: (Bis)
- “Mandaime” recado que eu son panadeiro. (Bis)
- ¡Ai, miña vidiña, panciño xa temos! (Bis)
Fáltanos carniña. ¿Onde a atoparemos? (Bis)
E saíu o lobo detrás dun outeiro: (Bis)
- “Mandaime” recado que eu son carniceiro. (Bis)
- ¡Ai, miña vidiña, carniña xa temos! (Bis)
Fáltannos manteis. ¿Onde atoparemos? (Bis)
E saíu a araña da súa arañeira: (Bis)
- Sígase esa voda que eu son tecedeira.
-¡Ai, miña vidiña, manteis xa temos! (Bis)
Fáltanos gaiteiro. ¿Onde o atoparemos? (Bis)
E saíu o grilo dende o seu “buxeiro” (Bis)
- Por iso non quede, que eu son o gaiteiro. (Bis)
-¡Ai, miña vidiña, gaiteiro xa temos! (Bis)
Fáltanos madriña. ¿Onde a atoparemos? (Bis)
E saíu a ra da poza veciña: (Bis)
- Sígase esa voda que eu son a madriña. (Bis)
-¡Ai, miña vidiña, madriña xa temos! (Bis)
- Fáltanos padriño. ¿Onde o atoparemos? (Bis)
E saíu o rato do seu buraquiño: (Bis)
- Se prenden o gato, eu serei padriño (Bis)
No medio da voda, con tanto ruído (Bis)
espertou o gato e comeu o padriño. (Bis)
Casto Sampedro: “Cancioneiro....”
Ditos, recitados e cancións infantís.



![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/facebook.png)
![Logotipo de twitter [Clic para acceder á nosa paxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/twitter.png)
3 comentarios
:D
Gustame moito esta cantiga. É moi fermosa
naa
e a min jeje e muy chulaaaa ^.^
Impresionante! Cada ano había
Impresionante! Cada ano había discusios sobre quen era o padriño, quen o gaiteiro, quen o panadeiro. San Google y cierra España!