Padre nuestro piquinín
fun ó ceo e volvín
e no medio do camín
atopei ó meu padrín
comendo nun cacho de toucín
e pedinlle un pedacín...
e deume ca vara no fucín
Logo atopei á miña madriña
cunha mada de espiguiñas
pedinlle duas e deumas
e leveinas a moer.
Os muiños a moer
os ratiños a comer...
e collín un polo rabo
e leveino pro mercado
"canto me dades, señores
por este cocho cebado?"
-unha presada de pan
e unha pita ciroleira
que me cagou na lareira.
1 comentario
Padre nuestro piquinín...Outra versión de Baralla
Padre nuestro piquinín
fun ó ceo e volvín
e no medio do camín
atopei ó meu padrín
comendo nun cacho de toucín
e pedinlle un pedacín...
e deume ca vara no fucín
Logo atopei á miña madriña
cunha mada de espiguiñas
pedinlle duas e deumas
e leveinas a moer.
Os muiños a moer
os ratiños a comer...
e collín un polo rabo
e leveino pro mercado
"canto me dades, señores
por este cocho cebado?"
-unha presada de pan
e unha pita ciroleira
que me cagou na lareira.
Branca Villares, Baralla