“Padre Nuestro” pequeniño

“Padre Nuestro” pequeniño,
polo ceo vai ruxindo.
Aló chegou.
Tres Marías atopou
preguntando por Xesús
e Xesús está na cruz;
na cruz e no altar
cos peíños a sangrar,
chamando pola Magdalena
que llos viñera limpar.
- Tente, Magdalena, tente.
Non me veñas “lastimar”,
que esta son as cinco "llagas"
que por ti hei de pasar.
Pequeniños e grandiños
todos os hei de salvar
aínda que teñan máis pecados
que areas hai no mar.

Taboada

“Padre Nuestro”,
pequeniño
polo ceo vai bulindo.
Abren luces,
cantan galos.
Todos os santos
levan cruces.

Daniel Balbino Fernández Gil, do Saviñao

“Padre Nuestro” pequeniño,
“Dios” nos leve a bo camiño.
Alá fun, alá “cheghei”,
tres marías encontrei
“preghuntando” por “Jesús”
e “Jesús” estaba na “crus”
e no altar cos peciños a sangrar.
Tente, Madalena, tente
non me veñas “lastimar”,
que estas son as cinco “llaghas”
que por ti hei de pasar
“anque” teñas máis pecados
que areas hai no mar.

Ramón de Barro - Pontevedra

3 comentarios

Outro "Painoso"

Enviado por Anónimo o Sáb, 26/11/2011 - 19:58.

Este painoso contábanolo meu pai, cando miña nai non escoitaba...

Jesusiño, pequeniño;
guíame por bo camiño
Ala fun e alá cheguei,
tres Marías encontrei
preguntando por Jesús,
e Jesús está na cruz
e me dixeron:
- ¿qué che dixeron?
que durmira e que rezara,
e do Demo renegara-
Papús Papús Amén Jesús
Levanta a pata e apaga a Lus

Ainda mentres escribo paréceme oir a miña avoa, cando pola noite rezabamos e acababámos así...
Vadesvos condenar!!!

Bicos

Padre Nuestro pequeniño.... Vilatuxe, Zobra (Lalín)

Enviado por Anónimo o Dom, 07/08/2011 - 17:39.

Padre nuestro pequeniño levame por bo camiño
polo camiño da salvación
os meus pecados moitos son.
Ala fun e ala cheguei,
tres Marias encontrei
preguntando por Xesús,
Xesús estaba na cruz
da cruz pro altar cos peciños a sangrar.

Tente Madalena tente non mas veñas lastimar
que estas so as cinco llagas que por ti ei de pasar.

San Ignacio, San Simón bendecideme este cordón
que mo dou nuestra Señora pola divina pasión.

outra versión en Taboada

Enviado por Anónimo o Mér, 31/12/2008 - 17:30.

Padre Nuestro pequeniño
polo ceo vai ruxindo
aló chegou, tres Marías atopou
preguntando por Xesús
e Xesús está na cruz, na cruz e no altar
cos peíños a sangrar
chamando pola Magdalena que llos viñera limpar
tente Magdalena tente non me veñas lastimar
que esta son as cinco "llagas" que por tí hei de pasar
pequeniños e grandiños todos os hei de salvar
aínda que teñan máis pecados que areas hai no mar

ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.