A man

Para aloumiñar a man

¿Queres que che faga a boaventura?
A boaventura
que Deus che ha de dar,
se che pica a mosca
terás que rascar.

Explicación:
O adulto pregunta e o/a neno/a tende unha man. O adulto, co seu dedo indicador faralle riscos e cruces na palma ó tempo que di: “A boaventura...” Cando chega ó último verso, o adulto, cos seus dedos apiñados, faille cóxegas na palma da man ó/á neno/a, que ó momento a retirará. Repítese o xogo cantas veces se queira.

Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos...”

Escóitao

Ilustración do dito

“chica” morena.
¿Como a queres,
grande ou pequena?
- Grande
- ¡Pumba!
- Pequena
- ¡Tin!

Explicación:
Mentres recita os catro primeiros versos, o adulto fai círculos co dedo indicador na palma do/a neno/a. Se a resposta é “grande” dálle unha palmada na man. Se a resposta é “pequena” dálle unha palmadiña moi lene ou coa puntiña do dedo no medio da manciña.

Manxurriña, manxurriña,
come pan e pataquiña
e se lle parece pouco,
un touciño e cacho doutro.
¿Viches o gato no unto?
¡Pun, que te apunto!

Explicación:
Recítase facéndolle cóxegas á nena/o na man, e cando remata o recitado dáselle co dedo na barriga para que leve un susto.

Redonda, redonda,
“chiquita” morena.
¿Como a queres,
grande ou pequena?

Redondiña, redondiña,
¿grande ou pequeniña?

M. Barrio

Distribuir contido
ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.