As orellas

Para aloumiñar as orellas

O muíño a moer
e os ratiñoa a comer.
Collinos polo rabo
e boteinos no tellado.
Collinos pola orella
e boteinos á canella.

Explicación:
Ó dicir collinos polo rabo, túrraselle polo pelo ó/á neno/a e ó dicir colinos pola orella, turraselle da orella.

María Carmen Pérez, de San Cristovo de Cea

Escóitao

Orella pendella,
vai á leña,
se non vés de hora,
durmirás fóra
cos canciños
da túa dona.

M. Barrio - Revista Nós: “Arquivo...”

Orelliña verde, vai a leña.
Sei non vés de hora
durmirás fóra
e mirarás por un buratiño
a ver se che dan un bocadiño.

Escóitao

Ilustración do dito

- ¿Isto que son orellas ou campás?
- Campás.
- As campás hai que tocalas ¡Din, dan! ¡Din,dan!
- ¿Isto que son orellas ou campás?
- Orellas.
- As orellas hai que comelas ¡Ñam, ñam, ñam, ñam!

Explicación:
O adulto pregúntalle ó/á neno/a mentres lle colle as orellas coas mans. Se a resposta é “campás” abanéalle a cabeza (din,dan). Se a resposta é “orellas” fai coma quen que llas come. Primeiro unha e despois a outra.

As cabras de Xan Barbeiro
todas van por un raseiro;
unhas brancas e outras negras
e outras monas das orellas.

M. Rico: “Tantarantán...”

Polo curral do tío Pedro
pasa o can do tío Miguel
cunhas polainas repenicadas,
repenicadas de papel.

Explicación:
Igual que nas anteriores pero cando di “repenicadas” repenícase coa orella coma se fose unha campá.

Distribuir contido
ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.