Para dar golpiños

Cachola, cachola
que vas para a escola.
“Cabesa, cabesa,
Non des na artesa.
Angaso, angaso,
Non des nun braso”.
Calacú, calacú,
Que che dou no cu.

A nosa memoria- Marín

Escóitao

Man morta, man morta,
vai petar á túa porta.
¡Pumba!

Explicación:
O adulto abanéalle a man ó/á neno/a , que a ten “morta”. Despois de “porta” dálle coa súa propia man un golpiño na cabeza.

Manciña morta,
bate na porta,
bate ben
ata o ano que vén

Pola cheminea enriba
vai un foguete
e ó que se descoida
cáelle un “cachete”.

M. Barrio - F. Lanza: “Falan os de Ribadeo...”

Escóitao

- Dimas e damas
foron ó mar
Dimas caeu,
¿Quen quedou?
- Damas.
- Pois, tómaas.

Explicación:
Cando o/a neno/a di “damas” o adulto dálle unha labazadiña na cara.

M. Barrio

Escóitao

A, e, i, o, u,
azoutiñas no teu cu.

Explicación:
O adulto vaille dando azoutiñas ó/á neno/a mentres recita.

M. Barrio - Francisco Lanza: “Falan os de Ribadeo”

A linda Barboriña
tiña a boca pequeniña
e os ollos “moxinetes”:
“escápate”, Pauletes.

M. Barrio - X. Taboada Chivite: “Etnografía Galega”.

Distribuir contido
ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.