Para dar palmas

Toca as palmas,
que vén a ama.
Se non vén hoxe
mañá virá.

Chelo, de Taragoña

Escóitao

Toca palmiñas,
que vén o papá.
Toca palmiñas,
que logo virá.

Explicación:
O adulto recita dando palmas para que o/a neno/a o imite.

M. Barrio - X. Lorenzo : Cantigueiro...”

Palmas, palmiñas,
que vén o papá.
Palmas, palmiñas,
que ¿cando virá?

Distribuir contido
ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.