Para dicir sen folgos

Trabalinguas para dicir sen folgos

Escóitao

Unha pega rebordá
puxo un ovo na quintá,
puxo un e rebordou,
puxo dous e rebordou,
puxo tres e rebordou... (ata quedar sen folgos).

Escóitao

Catro bois
e catro vacas
soben carro
costa arriba;
non hai home
nesta terra
que catro veces
o diga... (ata dicir catro veces).

Distribuir contido
ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.