Para xogar cos brazos

Un/unha neno/a foi á carnicería
e díxolle á carniceira:
- Quero un anaquiño de carne.
- ¿Por onde? ¿Por aquí?
- Un pouquiño máis, un pouquiño máis.
- ¿Por aquí?
- Un pouquiño máis, un pouquiño máis.
- ¿Por aquí?
- Un pouquiño máis, un pouquiño máis.
- ¡Por aquí, por aquí, por aquí!

Explicación:
É o mesmo xogo de “Se vas á carnicería...” pero a modo de diálogo entre o adulto (o/a carniceiro/a) e o/a neno/a.

Se vas á carnicería
que non che corten
nin por aquí
nin por aquí
nin por aquí...
¡Que che corten por aquí!

Explicación:
O adulto cóllelle un brazo ó/á neno/a cunha man e, coa outra, vaille marcando coa beira, a modo de coitelo, diferentes partes do brazo, desde o pulso cara ó ombreiro. Cando se achega ó sobrazo faille cóxegas na axila dicindo o último verso: “¡Que che corten por aquí!”.

A nosa memoria- Marín

Distribuir contido
ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.