Pedro Miñol tiña unha col

Pedro Miñol tiña unha col.
Veu a cabra e comeu a col.
Veu o pau e pegoulle á cabra.
Veu o lume e queimou o pau.
Veu a auga e apagou o lume.
Veu a vaca e bebeu a auga.
Veu a corda e atou a vaca.
Veu o rato e rilou a corda.
Veu o gato e comeu o rato.
Veu o can e comeu o gato.

Can no gato, gato no rato,
rato na corda, corda na vaca,
vaca na auga, auga no lume,
lume no pau, pau na cabra, cabra na col...

¡Pero quen perdeu a col foiche Pedro Miñol!

Avoa Mamalela, de Corme

4 comentarios

Avoa Mamalela, de Corme

Enviado por Anónimo o Mér, 09/02/2011 - 13:02.

ola

acumulativo

Enviado por Anónimo o Ven, 20/11/2009 - 11:45.

Olá, eu conheço também a cançom esta, mas fazendo acumulativo:
Pedro Minhol tinha umha col.
Véu a cabra e comeu a col de Pedro Minhol.
Véu o pau e pegou-lhe á cabra que comeu a col de Pedro Minhol.
Véu o lume e queimou o pau que lhe pegou á cabra que comeu a col de Pedro Minhol.
(.....)

nom recordo mas creio que o remate nom era igual....

jaja

Enviado por Anónimo o Mér, 09/02/2011 - 13:01.

jaja

Mira por onde

Enviado por Anónimo o Mar, 04/11/2008 - 01:13.

Pois nada, que a Mamalela coñecina eu moi ben.
Era a miña ávoa.

ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.