Pinto, pinto (varias versións)

Pinto, pinto,
gagarabinto,
teño unha vaca
de vinte e cinco.
Teño un boi
que sabe arar;
tamén sabe
trompicar;
dar a volta
ben redonda
esa nena
que se esconda.
Sabela Gil.
Pinto, pinto,
gallarinto,
saca os bois
o vinte e cinco
e as vacas,
o vinte e seis.
Dá no peito,
dá no lar,
ó que lle toque
que se vaia deitar.
Explicación:
O das vacas e mais os bois ten relación coa feira de gando do 26 de Porto, que se realiza nos meses de agosto e setembro. Esta localidade está situada ó carón de Pena Trevinca, moi preto de Pías e Lubián.
Carmen de Carracedo – Pías- Viana do Bolo
Pinto, pinto,
colorinto,
leva as vacas
ao vintecinco.
Sen cordión,
sen cordión,
entra galiña
e fóra capón
Bieita, da Peroxa - Ourense
Pinto, pinto,
gorgorinto,
xoga ás vacas
ó trinta e cinco.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos...”
Pinto, pinto lagarinto
sácame as vacas
o vintecinco,
charramosco,
cascavello,
perequito que se esconda.
Avoa de María Salomé de Samos
Ditos, recitados e cancións infantís.



![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/facebook.png)
![Logotipo de twitter [Clic para acceder á nosa paxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/twitter.png)
1 comentario
Pincho, pincho... versión de César Pérez da Abeleda, Ourense
Pincho, pincho
galarincho
que saquen as vacas
do trinta e cinco
a pega, a mega
a Juana do rei
que ten tres mulas
que saben arar,
repenicar
san sabugo
rabo de cuco
a ti che toca a primerita vez
Inés que che toca da tua vez!!