¿Pereza / Piruchiño / Maruxiña, queres pan?
- “Pereza”, ¿queres pan?.
- Si, señora, se mo dan.
- Vai logo polo “cuitelo”.
- Non, señora, non o quero.
Fe Barcia, de Vilarbetote - Trabada
- ¿Piruchiño, queres pan?
- Quero, se mo dan.
- ¡Vai buscar o coitelo!
- Pois “logho” non quero.
Explicación:
Díselle ós nenos/as cando cambian de opinión sen motivo xustificado.
Teresa de Lérez
- ¿Maruxiña, queres pan?
- Quero, quero se mo dan.
- ¡Vai polo coitelo!
- ¡Ai, entón non cho quero!
Meirás – Valdoviño


Comentarios recentes
hai 6 días 5 horas
hai 6 días 10 horas
hai 2 semanas 2 días
hai 7 semanas 3 días
hai 7 semanas 4 días
hai 8 semanas 7 horas
hai 8 semanas 2 días
hai 15 semanas 5 días
hai 18 semanas 4 horas
hai 18 semanas 2 días