Potiquiña, poticar
Potiquiña, poticar.
Este xogo sen pecar.
Explicación:
Este recitado acompaña o xogo do sarillo, que pertence ó grupo dos xogos de habilidade con pelouros ou coias. Participan como mínimo dúas persoas e máximo dez. Utilízanse catro coias. Primeiro lánzanse dúas ou tres coias ó aire e tentan collerse cunha man. Cóntanse as veces que se fai. O normal é facer 50 ou 100. Cando cae algunha coia pérdese. Despois xógáse ó sarillo, que consiste en que das catro coias só se lanza unha. Mentres esa coia permanece no aire, coa man que a vai recoller móvense as outras coias. É o momento en que se canta:"Potiquiña, poticar..." Unha coia hai que facela pasar entre os dedos da outra man, que fan unha especie de ponte. Outra hai que lanzala de maneira que toque o nariz, etc.
Mónica de Escornabois-Trasmiras-Ourense
Ditos, recitados e cancións infantís.



![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/facebook.png)
![Logotipo de twitter [Clic para acceder á nosa paxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/twitter.png)
Comentarios recentes
hai 1 semana 1 día
hai 1 semana 1 día
hai 1 semana 3 días
hai 3 semanas 3 días
hai 3 semanas 3 días
hai 7 semanas 6 días
hai 8 semanas 21 horas
hai 10 semanas 3 días
hai 13 semanas 1 día
hai 13 semanas 6 días