Puño puñete (varias versións)
- ¿Que hai aquí dentro?
- Pan de fermento.
- ¿E que hai aí fora?
- Pan de miola.
- ¿Que hai no mar?
- Un peixe a nadar.
- ¿E que hai no río?
- Un peixe frío.
- ¿Que hai na “ventana”?
- Unha madama
- ¿E que hai no balcón?
- O espantallo de Xosé Ramón.
- ¿Que hai na viña?
- Unha mosquiña.
- ¿E como fai?
- Pssssss
(Facéndolle cóxegas ó/á neno/a, simulando unha mosquiña).
Explicación:
Esta historia pódese contar a un único neno/a, buscando que vaia respondendo. Cada resposta vai acompañada por xestos que axuden a lembrar.
Tamén se pode xogar en grupo poñendo os puños uns por riba dos outros como nas demais versións, mais, ó rematárense os puños todas as mans simulan ser mosquiñas e fanse cóxegas entre elas.
-¿Que hai aí dentro?
- Pan balorento.
-¿E por fóra?
- Pan de miola,
o que “se ría” non xoga.
Tece, tece, meu caraveliño,
tece, tece, para un neto de viño.
Explicación:
Neste caso, ó rematar coa montaña de puños, cada xogador cruza os dedos das dúas mans, xira os escachapiollos un arredor doutro e fitando ós ollos do contrincante, canta a última parte (tece, tece...) ata que un dos dous perda ó rir.
Mónica, da Terra Chá
- ¿Que é este?
- Puño puñete.
- ¿E este?
- Puño puñete.
- ¿E este?
- Puño puñete.
- ...
- ¿E este? (derradeiro puño)
- Arquiña cerrada.
- ¿Que hai por dentro?
- Pan e fermento.
- ¿Que hai por fóra?
- Pan e miola.
- ¿Que dixo o rei cando marchou?
- Que devanásemos sete meadas e
ó que primeiro rise que lle dean
sete palmadas e un muxicón.
(Todos/as)
- Enviolar, enviolar,
o que ría ha de pagar.
Explicación:
Este recitado acompaña o xogo do mesmo nome: “O Puño puñete”. Os participantes, situados en rolda, colocan os puños pechados, alternativamente, uns enriba dos outros. Un xogador/a (“o/a que está de mesa”) deixa unha man libre coa que vai sinalando, mentres o diálogo ten lugar, cada un dos puños apiñados empezando polo de máis abaixo. O dono de cada puño vai respondendo ata chegar ó último puño. Entón ten lugar o diálogo máis longo (¿E este? / Arquiña cerrada. / ¿Que hai por dentro?...) entre o dono do puño situado máis arriba e o/a que preside o xogo. Cando o diálogo remata, todos os participantes fan coma se debandasen meadas coas mans e toda clase de parvadas que provoquen o riso dos outros. O primeiro en rir recibe un castigo, que pode ser diferente de cada vez.


Comentarios recentes
hai 4 semanas 4 días
hai 8 semanas 3 días
hai 8 semanas 4 días
hai 10 semanas 19 horas
hai 13 semanas 2 días
hai 22 semanas 2 días
hai 23 semanas 6 días
hai 25 semanas 2 días
hai 26 semanas 6 días
hai 27 semanas 4 horas