¿Que é orella pendella?

Logotipo de Orella Pendella

Con esta páxina queremos difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.

Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos.

Hoxe en día, debido ós cambios producidos nas formas de vida e nas actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de perder esta riqueza definitivamente. Sen rexeitar radicalmente as novas formas de diversión e coñecemento que nos ofrecen as últimas tecnoloxías, consideramos que é posible e, mesmo, moi positivo para as relacións humanas recuperar, coñecer e practicar os xogos verbais dos nosos avós.

Por moito que cambien os tempos hai sentimentos como a tenrura entre pais e fillos ou a alegría de xogar cos amigos/as que nunca cambiarán. A tradición oral ofrécenos a posibilidade de seguir expresando estes sentimentos e seguir gozando cos xogos máis sinxelos.

Moitos dos ditos populares de Galicia son comúns a varios pobos de Europa e, incluso, de América e de África, e outros son de creación xenuinamente galega. De aí a enorme variedade e as múltiples versións que podemos escoitar por veces dun mesmo recitado.

Animámosvos a participar neste proxecto achegándonos os ditos, recitados e cancións que coñezades e gozando cos que aquí descubrades. Non teñades reparo en enviarnos versións moi semellantes pois tede en conta que case todas as versións son válidas porque no seu seo latexa o xenio creador do pobo.

A páxina está aberta á túa colaboración, moitas grazas por participar.

Envía o teu dito

Esta páxina web realizouse durante unha licenza por estudos retribuída pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.

Un gaditano en Galicia

Ola amigos, eu son andaluz e estou aprendendo galego, esta páxina é un encanto. Se meto a pata co galego tirarme da miña orella pendella. Parabén.

dende musicaporuntubo

Eu buscaba en google cómo remataba "catro aves escollidas son as que pasan ao mar..." e atopeivos, así que noraboa por esta páxina estupenda. Será de moita utilidade para todos. Dende musicaporuntubo@blogspot.com, xa temos un enlace a orellapendella.

Orellapendella

En nome do ENDL do colexio Escravas Sgdo.Corazón de Xesús da Coruña e no meu propio, Parabéns por esta páxina que axudará a lembrar, descubrir e gozar con ese inacabábel caudal da cultura galega.

Contamos e cantamos todos

Excelente páxina que seguro ha ser unha referencia para todos nós en pouco tempo. Parabéns

iniciativa importante e necesaria

Parécenos que xa había tempo que se viña precisando unha páxina así, que permita recuperar moitos dos xogos e recitados que están a piques de se perder. Loable iniciativa que vimos de publicitar no noso blog: http://www.blogoteca.com/cigsaudebarco

Agora só nos resta animarvos a continuar e a que introduzades cada vez máis audios, para poder escoitar cómo as recitaban as nosas avoas e avós.

Saúdos.

CIG-Saúde O Barco

Esqueceunos dicir que xa

Esqueceunos dicir que xa estades entre os recomendados do noso blogue:
www.blogoteca.com/bbs
Saúdos
Biblioteca Brea Segade de Taragoña

Noraboa

Noraboa por está fantástica iniciativa e por todo o traballo que hai detrás. Encántanos a páxina e parécenos enormemente útil para as escolas, as familias e a sociedade en xeral.
ENDL e Biblioteca do CEP Brea Segade de Taragoña

PARABÉNS

Fermoso traballo,tan necesario para os nosos peques,para todas nós como nais,e para todas nós como mestras.Ademáis desfrutase das ventaxas deste medio tan público e con tantas posibbilidades de intercambio.Enganchareivos co voso permiso nos nosos blogues,en especial en http://poemasparapeques.blogspot.com
Belén Escariz,coordinadora do C.E.I.P.Quintela (Moaña)

Os meus parabéns por tan

Os meus parabéns por tan fantástica e necesaria iniciativa. :)
Os nenos son o futuro da lingua

http://dalleuncolinho.blogspot.com/

Noraboa!!!

Unha licencia que nos vai facilitar a todos/as o traballo nas aulas.
Un saúdo.
María
http://maria-eduinfantil.blogspot.com
marmalpica@gmail.com

O teu dito en orella pendella

Boletín Orella pendella

Recibirás un correo cando actualicemos o contido.

Iniciar sesión