¿Que hai naquel tellado?

Escóitao

- ¿Que hai naquel tellado?
- Un gato esfolado.
- ¿Que hai naquela artesa?
- Unha vella tesa.
- ¿Que hai naquela escaleira?
- Unha vella peideira.
- ¿Que hai naquela buratiña?
- Unha campaíña.
- ¿E como fai?
- Tin, tilintín, tin, tilintín, tin.

Explicación:
Neste recitado temos un exemplo de contidos un tanto irreverentes, que se dan con frecuencia nos ditos infantís de tradición oral e que contribúen á súa finalidade cómica.

ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.