¿Que hai por dentro?

-¿Que hai por dentro?
- Pan barolento.
- ¿Que hai por fóra?
- Pan de Riola.
- Vamos tocar un pouquiño a “funfurriñola”.
O que ría leva na cachola.

Explicación:
Os/as participantes no xogo xuntan os puños mentres se recita. Despois cadaquén fai xirar os seus puños un sobre o outro ó tempo que emite un son “mmmm”. Perde quen ri primeiro.

Zé Pomar de Cariño

ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.