Recitados diversos
- ¿Como che vai, Sindo?
- Ás veces chorando,
ás veces rindo.
Geni e Elena, de Alxén – Salvaterra
-¿Por que non “te” cociches, verza?
- Porque non me revolviches, besta.
Explicación:
Dise para aprender que as verzas hainas que revolver para que cozan.
Seradela vai,
seradela vén,
picotaso vai,
picotaso vén,
sssssssssssss
Explicación:
Cántase cando se vai coas vacas para que pensen que hai moscas e escapen para a casa no verán.
María, de Baredo – Baiona
Unha e unha, dúas;
quero filloas das túas.
Dúas e dúas, catro;
ben postiñas no prato.
Catro e catro, oito;
dáme tamén biscoito.
Oito e oito, dezaseis;
trinta e dous pasteis.
Ponos nuha bandexa
e que ninguén os vexa.
Roberto Mellid, de Miño
Frío, frío,
coma a auga do río.
Morno, morno,
coma a auga do chorro.
Quente, quente,
coma a auga que ferve.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán...”
Carrapuchiña,
carrapucheira,
corre lixeira,
que se non corres,
lobolobeiro
chega primeiro.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán...”
Bate, meu leite,
na cántara nova
con tres pelouriños
e mais o da roda.
Bate, meu leite,
se te has de bater,
que na casa teño
quen te ha de comer.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán...”
Meu neniño, pequeniño,
como non che teño nada que dar,
tráioche estas zoquiñas
para cando saibas andar.
¡Arrenegado sexa o demo
se non che están ó pintar!
¡Que “sonche” de pau de amieiro,
que che mas fixo meu pai!
Explicación:
Recitado para o neno Xesús no Nadal.
Puchinocativo (aprendido da tía Teresa,Teté), de Cervo
Come e bebe e ponte gordo
e cando chamen por ti
fai o xordo.
Manga rachada
foi a Castilla
e no camiño
topou unha filla
toda vestida
de seda labrada
porque era filla
de Manga Castaña.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán...”
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
Ditos, recitados e cancións infantís.



![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/facebook.png)
![Logotipo de twitter [Clic para acceder á nosa paxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/twitter.png)
Comentarios recentes
hai 3 semanas 20 horas
hai 3 semanas 20 horas
hai 7 semanas 3 días
hai 7 semanas 5 días
hai 10 semanas 21 horas
hai 12 semanas 6 días
hai 13 semanas 3 días
hai 13 semanas 3 días
hai 15 semanas 3 días
hai 16 semanas 5 días