Tantarantán

- Tantarantán, ¿para onde vas vella?
- Tantarantán, vou para Pontevedra.
- Tantarantán, ¿que vas buscar?
- Tantarantán, unha carga de sal.
- Tantarantán, ¿para que é o sal?
- Tantarantán, para facer o caldo.
- Tantarantán, ¿para que é o caldo?
- Tantarantán, para “llo” dar ás vellas
- Tantarantán, ¿para que son as vellas?
- Tantarantán, para sachar o millo.
- Tantarantán, ¿para que é o millo?
- Tantarantán, para “llo” dar ás churras.
- Tantarantán, ¿para que son as churras?
- Tantarantán, para poñer os ovos.
- Tantarantán, ¿para que son os ovos?
- Tantarantán, para llos dar ó crego.
- Tantarantán, ¿para que é o crego?
- Tantarantán, para dicir a misa.
- Tantarantán, ¿para que é a misa?
- Tantarantán ¡para subir ó Ceo!
Explicación:
Neste recitado, moi semellante ó “Touporroutou”, pódese apreciar claramente a transmisión da relación tradicional entre o clero e os labregos. As vellas están nos primeiros chanzos da pirámide traballando a terra para que finalmente os ovos, mantenza antigamente moi valiosa, alimenten o crego, que as conducirá á Salvación.
Ditos, recitados e cancións infantís.



![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/facebook.png)
![Logotipo de twitter [Clic para acceder á nosa paxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/twitter.png)
Comentarios recentes
hai 3 semanas 21 horas
hai 3 semanas 21 horas
hai 7 semanas 3 días
hai 7 semanas 5 días
hai 10 semanas 22 horas
hai 12 semanas 6 días
hai 13 semanas 3 días
hai 13 semanas 3 días
hai 15 semanas 3 días
hai 16 semanas 5 días