Tempo meteorolóxico
Marzo, marzal,
pola mañá cara de risa,
pola noite cara de can.
Matilde de Santiago
Rubias á Franqueira,
vellas “pra” a lareira.
Rubias ó mar,
vellas a traballar
Explicación:
Cando no solpor as nubes rubias están cara ó monte da Franqueira quere dicir que vai chover ó día seguinte, por iso o das "vellas pra a lareira"; e cando están cara ó mar é porque vai estar bo día.
Paula, do Condado
Vente, ventiño,
vento mareiro,
que se non vés
non come o larpeiro.
Vente, ventiño,
vento mareiro,
que se non vés
non vén o barqueiro.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán...”
Chove, chove
na casa do pobre;
pinga, repinga
na casa de Dominga
e orballa, orballa
na casa da Rosaria.
Arco da vella,
vaite de aí
que andan os porcos
a fozar en ti.
A nosa memoria- Marín
Marcha, nebraceira,
do “chao” da ribeira,
vai comer as lavaduras
que deixaches na maseira.
M. Barrio - V. Risco: “Etnografía...”
Ditos, recitados e cancións infantís.



![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/facebook.png)
![Logotipo de twitter [Clic para acceder á nosa paxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/twitter.png)
Comentarios recentes
hai 1 semana 1 día
hai 1 semana 1 día
hai 1 semana 3 días
hai 3 semanas 3 días
hai 3 semanas 3 días
hai 7 semanas 6 días
hai 8 semanas 21 horas
hai 10 semanas 3 días
hai 13 semanas 1 día
hai 13 semanas 6 días