Tempo cronolóxico
Cantámosche os “reises”,
guedellos de cabra,
cantámosche os “reises”,
non nos deches nada.
Explicación:
Cando na véspera do día de Reis se cantan os reis polas portas e nunha casa non dan nin tan sequera un pataco ou un chourizo, cántaselles esta copla.
María Luísa Pérez, de Suegos-Pol
O trece de Nadal,
día de Santa Lucía,
tira a noite e pon o día
ó paso dunha galiña
e por diante de xaneiro,
ó paso dun carneiro.
Explicación:
Este dito fala de como empeza a medrar a duración do día moi pouquiño a pouco a partir do trece de decembro e de como a partir de xaneiro, esta medra faise máis evidente.
Paula, do Condado
Unha sebe dura tres anos,
un can, tres sebes,
unha besta, tres cans
e un home, tres bestas.
Pilar Baxoi de Guitiriz
Un can dura tres anos:
tres anos de can novo,
tres anos de bo can,
tres anos de can vello
e tres anos de lacazán.
Pilar Baxoi de Guitiriz
Febreiriño corzo,
cos seus vinte e oito,
se dura máis catro,
non queda can nin gato,
nin rato dentro do burato.
Marzo, marzoco,
pola mañá cara de rosa
e pola tarde cara de porco.
Abril, se por mal quere vir,
aínda as portas da casa non deixa abrir.
Érguete, maio,
que tanto durmiches,
pasou o burro
e “tu” non o viches.

Hoxe é luns,
mañá é martes,
corta feira logo vén,
de mañá en oito días
éche a semana que vén.
M. Barrio - R. cabanillas: “Antífona da Cantiga”.
O luns sae,
martes anda,
mércores chega,
xoves talla,
venres volta
e sábado entra;
aí vén o Xan
cun feixe de leña.
M. Barrio - N. Rielo: “Escolma...”
Xa nace o trigo,
xa temos pan.
Xa canta o cuco,
xa temos “vran”.
M. Barrio - X. Ramón e Fernández Oxea: “Cancionero y refranero de Corme”.
Ditos, recitados e cancións infantís.



![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/facebook.png)
![Logotipo de twitter [Clic para acceder á nosa paxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/twitter.png)
Comentarios recentes
hai 3 semanas 21 horas
hai 3 semanas 21 horas
hai 7 semanas 3 días
hai 7 semanas 5 días
hai 10 semanas 22 horas
hai 12 semanas 6 días
hai 13 semanas 3 días
hai 13 semanas 3 días
hai 15 semanas 3 días
hai 16 semanas 5 días