Trabalinguas
A pita pasa,
a pipa pinga.
Cando a pita pasa,
a pipa pinga.
Debaixo dunha pipa tinta
hai unha pita pinta;
cando a pipa tinta pinga,
a pita pinta pía.
Un can cun quinqué no cu.
Pasei polo río,
polo río pasei.
Pillei cordóns
cordóns pillei.
Ramón Fontenla e Virtudes Caamaño, de Valiñas – Barro
Pola presa do muíño fun.
Collín cordóns.
Cordóns collín.
Victoria, de Sebil – Cuntis
Por detrás daquel toxo
vai un pito coxo.
Corre, pito coxo,
pito coxo, corre.
Victoria, de Sebil – Cuntis
Variante:
Por debaixo da mesa
vai un pito coxo.
Corre, pito, corre,
corre, pito coxo.
Corre, pito, corre,
corre pito coxo.
Anabel, de Soutomaior
Un lobo rubio roe un loro duro.
Se un lobo rubio o roe, un loro duro o remoe.
Camilo Neira, de San Miguel de Sarandón - Vedra
Comín ril, ril
da “melra” gorda asada.
Josefa Pérez: “A nosa memoria- Marín”
Do queixo non che me queixo,
que o queixo ben che me sabe;
quéixome de quen o vende,
que non mo deixa de balde.
Blanco, Domingo: “A poesía popular…”
Unha pega rebordá
puxo un ovo na quintá,
puxo un e rebordou,
puxo dous e rebordou,
puxo tres e rebordou... (ata quedar sen folgos).
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
Ditos, recitados e cancións infantís.



![Logotipo de facebook [Clic para acceder á nosa páxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/facebook.png)
![Logotipo de twitter [Clic para acceder á nosa paxina]](http://www.orellapendella.org/themes/foliage/twitter.png)
Comentarios recentes
hai 3 semanas 20 horas
hai 3 semanas 20 horas
hai 7 semanas 3 días
hai 7 semanas 5 días
hai 10 semanas 21 horas
hai 12 semanas 6 días
hai 13 semanas 3 días
hai 13 semanas 3 días
hai 15 semanas 3 días
hai 16 semanas 5 días