Xan Carallán

Xan Carallán,
fixo unha casa
de merda de can.
O outro día
foi a ela,
¡pobre de Xan
que non ten cheminea!

Xaime, Ferrolterra

2 comentarios

Outra versom

Enviado por Anónimo o Mér, 02/11/2011 - 21:09.

Xam, Perilham,
a cavalo dum cam,
o cam era coxo,
tirouno num toxo,
o toxo era brando,
tirouno no campo,
o campo era duro,
rompeu o bandulho.

outra versión

Enviado por Anónimo o Sáb, 13/08/2011 - 00:05.

Eu aprendín de meu pai, de Santiago de Compostela, unha versión que di:
Xan Perillán
fixo unha casa
con merda de can.
Saleu para fóra,
mirou para ela,
válgame Dios
que non ten cheminea.

PD: gústame moito esta páxina, parabéns!

ORELLA PENDELLA
Ditos, recitados e cancións infantís.