Xogos
¿Que son os xogos para botar a sortes?
Son recitados cun ritmo ben marcado que serven para designar o/a neno/a que panda ou que libra no xogo que se vai desenvolver a continuación. O participantes póñnse en roda ou en ringleira diante do botador. Este sinala un a un os compañeiros, recitando ou cantando a cantinela escollida. Son moi ricos e variados en todas as culturas.
Chin, chon
Chin, chon,
caravillón.
Explicación:
Dito para acompañar o abaneo da randeeira.
Meninheira, de Pontevedra
Á unha, sae a Lúa
Á unha, sae a Lúa,
ás dúas, sae o Sol,
ás tres, ti ben o ves,
ás catro, non sei canto,
ás cinco, de viño branco faise tinto,
ás seis, cantan os reis,
ás sete, tira Pepe
e de sete para riba, tira Pepe tira,
ás oito, de pan de trigo faise biscoito,
ás nove, non casa a muller sen o home,
ás dez, non vai a cabra para o monte sen pés,
ás once, pasa o río por debaixo da ponte,
ás doce, non hai porco que non foce,
ás trece non hai crego que non rece,
ás catorce, ti retorce.
Meninheira, de Pontevedra
Énele pénele
Énele pénele.
Síquili sa.
Rápete rápete.
Engó.
María Luísa Calvar, Julio Santos e Pepe Bonet, de Marín:
“A nosa memoria- Marín”
Nun caixón hai catro gatos
Nun caixón
hai catro gatos:
un, dous, tres e catro.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos...”
Gato, gato
Gato, gato
Maragato,
dime a verdade
se non te mato;
un, dous, tres e catro.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos...”
Taco, taco
Taco, taco,
número catro;
un, dous, tres e catro.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos...”
Para min, para vós
Para min,
para vós,
“pra” ningún
de vós os dous.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos...”
Chirlosmirlos
Chirlosmirlos,
vaite de aí
que esta nena bonita
non é para ti.
Cortizas, Antón: ”Chirlosmirlos...”
Dedín, dedín, do teu burriquín
(Sinalando cada dedo)
Dedín, dedín,
do teu burriquín,
cando o rei
por aquí pasou,
todas as aves
convidou.
“Sólo” unha,
que quedou.
Chirlo mirlo,
vaite deitar,
ás portiñas
de San Xoán.
Cae a mesa,
cae a artesa,
cae o rei
coa súa grandeza.
Tece, tece, “ghavilán”
¿Cantas “barillas” ten un can?


Comentarios recentes
hai 6 días 23 horas
hai 1 semana 5 horas
hai 2 semanas 3 días
hai 7 semanas 4 días
hai 7 semanas 5 días
hai 8 semanas 1 día
hai 8 semanas 3 días
hai 15 semanas 6 días
hai 18 semanas 22 horas
hai 18 semanas 3 días