Xogos
Pelo gato
Pelo,
gato,
vinte,
catro,
un,
dous,
tres,
catro.
M. Barrio - M. Fernández Costas: “Juegos...”
Meu pai ten un caixón
Meu pai
ten un caixón
cheo de puntas;
dime neno/a
cantas son.
Unha, dúas, tres...
Explicación:
O/a neno/a aludido/a dirá un número calquera e, comezando por el/ela, o sorteador contará dende un ata a cantidade dita.
Concha García: “Para dicir e facer”
Don Emilio
Don Emilio
de Celanova
tiña un gato
e durmíalle fóra;
colleu un pau
e deulle na cola;
salta Marica,
salta para fóra.
Concha García: “Para dicir e facer”
Rabo de boi (varias versións)
Rabo de boi,
rabo de besta,
dixo meu pai
que estaba nesta.
Explicación:
Unha persoa garda, ás escondidas, un obxecto pequeno (pedra, caramelo...) nunha das súas mans e ofrece a outra persoa as dúas mans pechadas e separadas boca abaixo para que adiviñe onde está o obxecto. Estoutra persoa vai sinalando alternativamente as dúas mans seguindo o ritmo do recitado. Ó rematar este, a persoa que escondía o obxecto debe abrir a man sinalada nese momento. Se nela está o obxecto o/a que atinou queda con el.
Rabo de cocha (Varias versións)
Rabo de cocha,
rabo de besta,
dixo meu pai
que estaba nesta.
Nesta estará,
dixo o cura
que era “verdá”.
A nosa memoria- Marín
Nesta ou nesta
Nesta ou nesta
no cabo da cesta,
dixo meu pai
que estaba nesta.
Cesta, cesta
Cesta, cesta,
rabo de boi,
rabo de besta,
dixo meu pai
que estaba nesta.
Concha García: “Para dicir e facer”
Leite de cabra
Leite de cabra,
leite de besta;
dixo miña nai
que estaba nesta.
Concha García: “Para dicir e facer”
¿Canto pesas?
- ¿Canto pesas?
- Cen artesas.
- ¿Canto vales?
- Cen “reales”.
- Tírate alá que non os vales.
M. Barrio - Bouza Brey: “Xogos iniciáticos...”
Tecelán, tecelán
¡Tecelán, tecelán,
dálle a volta
ó batán!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »


Comentarios recentes
hai 4 días 12 horas
hai 4 semanas 2 días
hai 8 semanas 6 horas
hai 8 semanas 1 día
hai 9 semanas 5 días
hai 9 semanas 5 días
hai 12 semanas 1 día
hai 12 semanas 6 días
hai 22 semanas 33 min
hai 23 semanas 4 días