Xogos

Xogos de pillar, danzados, de corda, para atinar...

Sei amasar

Sei amasar,
sei peneirar,
sei dar a volta
por riba do mar.

Explicación:
Dúas persoas (de altura semellante), unha fronte á outra e collidas polas mans abanean os brazos e no último verso dan unha volta sen soltar as mans.

María de Mugueimes (Muíños)

Decodín, decodán

Escóitao

- Decodín, decodán,
delavera, veraván.
Dende o pazo ata a cociña
¿cantos dedos tes enriba?
- Catro.
- Se dixeses cinco
nin perdías nin ganabas,
nin esta azouta levabas.
¡Pumba!

Decotín, decotán (varias versións)

- Decotín, decotán,
de la Zeca,
de la Meca,
de la “cabirta” corneca.
Señor Pedro, forasteiro,
¿cantos dedos hai no medio?
- Hai un.
- Se dixeses dous
nin perdías nin ganabas
nin levabas as porradas.

Explicación:
Un pon a cabeza no colo mentres o outro recita e dálle co cóbado nas costas e abre a man para indicar un número. O xogo consiste en que ten que acertar o número dos dedos.

Mónica de Escornabois -Trasmiras-Ourense

Barquilleiro, barquilleiro

- Barquilleiro, barquilleiro,
¿cantos dedos hai no medio?

M. Barrio - Eladio Rodríguez: Diccionario...”

Aceiteira (Varias versións)

Aceiteira,
vinagreira,
chosco real,
bater sen dar,
bater sen rir,
bater sen falar,
un pelisquiño no cu
e botar a voar.
¿Quen foi?

Explicación:
Este xogo popular levábase a cabo na época da esfolla. Bótase a correr tras bater no cu.

Anxo, de Santo Andrés de Comesaña - Vigo

Malandrán me vou

- Malandrán me vou,
malandrán me veño,
e o meu cordeiriño
na corte o teño.
- Mariquiña, ¿que estás facendo?
- Estou peneirando.
- Malandrán...
- Mariquiña, ¿que estás facendo?
- Estou facendo a masa.
- Malandrán...
- Mariquiña, ¿que estás facendo?
- Estou facendo o pan.
- Malandrán...
- Mariquiña, ¿que estás facendo?
- Vou meter o pan.
- Malandrán...
- Mariquiña, ¿que estás facendo?
- Xa vai o pan cocido.
- Malandrán...
- Mariquiña, ¿que estás facendo?
- Reveu o pan.
- Reveu, reveu.

M. Barrio - L. Prieto: “Juegos infantiles...”

Rabexar, rabexar

- Rabexar, rabexar, mentres o lobo vai mexar
- Eu son o lobo que te hei de comer
- E eu a vaca que te hei escornar.
que te hei de topar.

M. Barrio - L. Prieto: “Juegos infantiles (A Gudiña)...”

Papaivello

Papaivello,
come tripas
con farelo (ou de carneiro).

M. Barrio - M. Fernández Costas: “Juegos...”

Danzados en ringleira

Escóitao

Pasa, Perico,
pasa, Monteiro,
polas portas
dos carabineiros.

O de diante
corre moito.
O de atrás
aí quedará.

Cuco rei

Escóitao

Cuco rei,
¿cantos anos
vivirei?
¿Vinte e cinco?
Non o sei...:
un,
dous,
tres...

Distribuir contido

O teu dito en orella pendella

Boletín Orella pendella

Recibirás un correo cando actualicemos o contido.

Iniciar sesión