Xogos
Pola rúa de abaixo
Pola rúa de abaixo
pasan dous ratos;
un deles leva bisos
e o outro refaixos.
(Cambio de persoa)
Pola rúa do medio
van dous leiróns,
un deles leva saias
e outro calzóns.
(Cambio de persoa)
Pola rúa de arriba
van dúas pitas,
unha delas leva chambra
e outra camisa.
(Cambio de persoa)
Concha García: “Para dicir e facer”
Ás “escondas” dun “cencerro”
Ás “escondas” dun “cencerro”
San Xoán tiraba la,
San Xoán tiraba la.
San Pedro “me” leva o demo
e máis triqui triqui tra
e máis triqui triqui tra.
Explicación:
É un xogo de rolda. Están as cativas e os cativos sentados en círculo, cadaquén cunha pedra. Mentres se canta ”Ás escondas dun cencerro/ San Xoán tiraba la /San Xoán tiraba la./ San Pedro me leva o demo” hai que pasar a pedra á dereita coa man dereita e coller a pedra da esquerda coa man esquerda. Cando se canta "e máis triqui triqui tra" en vez de pasar e recoller, hai que mover a pedra da man esquerda ao lado esquerdo e logo ao dereito. A canción vai cantándose cada vez máis rápido, quen se confunde vai para fóra da rolda, ata que queda só unha persoa.
Paz Caldas, de Vigo
Pico, pico, mazarico (varias versións)
Pico, pico, mazarico,
¿quen che deu tan longo “pico”?
Deumo Deus e San Santiago
para picar o pan no agro
e piquei e repiquei,
cen milliños encontrei
e boteinos a moer
e os ratiños a comer
e agarrei un polo rabo
e boteino naquel cabo
e tamén agarrei outro
e boteino naquel souto
e vin de moita “prisa”
tocando a miña gaitiña
pero víronme os ladróns
e roubáronme os calzóns
M. Barrio – N. Rielo: “Escolma...
A pita cega (varias versións)
- Pita cega, ¿que perdiches?
- Unha agulla e un dedal.
- Dá tres voltas ó redor
que xa os atoparás.
Unha, dúas e tres.
M. Barrio - M. Fernández Costas: “Juegos...”
Pita cega que perdiches un dedal
Pita cega que perdiches un dedal,
espera por el que aí che vai.
M. Barrio - X. Taboada: “Etnografía...”
O vexo vexo
- Vexo, vexo...
- ¿Ti que ves?
- Vexo unha cousa que... (1ª pista; p.e.: é de cor...)
- ...
- ¿Empeza pola letra...?
- ...
- ¿Serve para...?
- ...
Quentiñas
- ¡Frías!
- ¡Frías coma a neve!
- “¡Templadiñas!”
- ¡Quentiñas!
- ¡Que te queimas!
- ¡A cachón!
M. Barrio - M. Fernández Costas: “Juegos...”
A perrincha
- Pun, pun.
- ¿Quen vai?
- Pedro Gurgullo.
- ¿Que vén catar?
- Cebada para o burro.
- ¿Canta quere?
- Cen fanegas.
- Aí as tes.
M. Barrio - I. Rielo: “Cancioneiro...”
Xogo do “taburete”
- ¿En que estás?
- En tamborete.
- ¿E que comes?
- Pan e molete.
- ¿E darás algo?
- Darei, darei.
- “Báixate” tu,
que eu subirei.
M. Barrio - N. Rielo: “Escolma de Carballedo”
As catro esquinas ou o buscalume
- ¿Nesta casiña hai lume?
- Naquela, que hai fume.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »


Comentarios recentes
hai 4 días 12 horas
hai 4 semanas 2 días
hai 8 semanas 6 horas
hai 8 semanas 1 día
hai 9 semanas 5 días
hai 9 semanas 5 días
hai 12 semanas 1 día
hai 12 semanas 6 días
hai 22 semanas 31 min
hai 23 semanas 4 días