Xogos
Revolución do tío lirón
Revolución do tío lirón, unha.
Revolución do tío lirón, dúas.
Revolución do tío lirón, tres.
- ¿Onde hai lume?
- Acolá, acolá, que fumega.
¿Hai fume na túa casa?
- ¿Hai fume na túa casa?
- ¡Non, na miña casa só hai lume!
Pregunta naquela.
Don Xulián
Don Xulián
foi á misa;
veu un can
e comeulle a camisa.
Marcha can,
que non é pan,
que é camisa
de Don Xulián.
Concha García: “Para dicir e facer”
Lagarto, lagarto
Lagarto, lagarto,
dime a verdade
que se non te parto.
Serra, serra, miña “cansela”,
Serra, serra, miña “cansela”,
ti polo mar e eu pola terra
Explicación:
Dous rapaces/as están sentados/as no chan, un fronte ó outro coas pernas estiradas e tocándose cos pés. Agárranse das mans e mentres un se deixa caer para atrás o outro tira por el e viceversa. Márcase o ritmo dunha serra.
Ana de Vilariño (Poio)
¿De onde vés?
- ¿De onde vés?
- Do muíño.
- ¿Que traes?
- Fariña.
- Bota para alá
que esta non é miña.
- Bota para acá
que esta é miña.
M. Barrio - M. Fernández Costas: “Juegos...”
Pilla galiñas
- ¡Ai, comadre, roubáronme as galiñas...!
- ¡Ai! Eu non fun. Estas galiñas son miñas...
- ¡De iso nada! Esas son as miñas.
- Bótalles millo a ver se van detrás de ti.
(A raposa bota millo e chámaas,
sen que as galiñas lle obedezan):
- ¡Pitas, pitas, pitas...!
(A labrega, entón, chama polas galiñas):
- ¡Pitas, pitas, pitas...!
(As galiñas acoden e a raposa foxe).
Danzados en roda
Amiguiños de Miguel
Amiguiños de Miguel
e de mel e de meludo,
que se volva fulano de “culo”.
As abelliñas do mel
e do mel e do melacho,
que se volva fulano de “culacho”.
Blanco, Domingo: “A poesía popular…”
Cuco de maio
Cuco de maio,
cuco de abril,
cóntame os anos
que hei vivir.
M. Barrio- I. Rielo: “Cancioneiro...”
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7


Comentarios recentes
hai 4 días 12 horas
hai 4 semanas 2 días
hai 8 semanas 6 horas
hai 8 semanas 1 día
hai 9 semanas 5 días
hai 9 semanas 5 días
hai 12 semanas 1 día
hai 12 semanas 6 días
hai 22 semanas 29 min
hai 23 semanas 4 días