De pillar

Xogos de pillar

Malandrán me vou

- Malandrán me vou,
malandrán me veño,
e o meu cordeiriño
na corte o teño.
- Mariquiña, ¿que estás facendo?
- Estou peneirando.
- Malandrán...
- Mariquiña, ¿que estás facendo?
- Estou facendo a masa.
- Malandrán...
- Mariquiña, ¿que estás facendo?
- Estou facendo o pan.
- Malandrán...
- Mariquiña, ¿que estás facendo?
- Vou meter o pan.
- Malandrán...
- Mariquiña, ¿que estás facendo?
- Xa vai o pan cocido.
- Malandrán...
- Mariquiña, ¿que estás facendo?
- Reveu o pan.
- Reveu, reveu.

M. Barrio - L. Prieto: “Juegos infantiles...”

Rabexar, rabexar

- Rabexar, rabexar, mentres o lobo vai mexar
- Eu son o lobo que te hei de comer
- E eu a vaca que te hei escornar.
que te hei de topar.

M. Barrio - L. Prieto: “Juegos infantiles (A Gudiña)...”

Papaivello

Papaivello,
come tripas
con farelo (ou de carneiro).

M. Barrio - M. Fernández Costas: “Juegos...”

Pilla galiñas

- ¡Ai, comadre, roubáronme as galiñas...!
- ¡Ai! Eu non fun. Estas galiñas son miñas...
- ¡De iso nada! Esas son as miñas.
- Bótalles millo a ver se van detrás de ti.
(A raposa bota millo e chámaas,
sen que as galiñas lle obedezan):

- ¡Pitas, pitas, pitas...!
(A labrega, entón, chama polas galiñas):
- ¡Pitas, pitas, pitas...!
(As galiñas acoden e a raposa foxe).

Distribuir contido

O teu dito en orella pendella

Boletín Orella pendella

Recibirás un correo cando actualicemos o contido.

Iniciar sesión