Diversos

Xogos diversos

Á unha, sae a Lúa

Á unha, sae a Lúa,
ás dúas, sae o Sol,
ás tres, ti ben o ves,
ás catro, non sei canto,
ás cinco, de viño branco faise tinto,
ás seis, cantan os reis,
ás sete, tira Pepe
e de sete para riba, tira Pepe tira,
ás oito, de pan de trigo faise biscoito,
ás nove, non casa a muller sen o home,
ás dez, non vai a cabra para o monte sen pés,
ás once, pasa o río por debaixo da ponte,
ás doce, non hai porco que non foce,
ás trece non hai crego que non rece,
ás catorce, ti retorce.

Meninheira, de Pontevedra

Dedín, dedín, do teu burriquín

(Sinalando cada dedo)

Dedín, dedín,
do teu burriquín,
cando o rei
por aquí pasou,
todas as aves
convidou.
“Sólo” unha,
que quedou.
Chirlo mirlo,
vaite deitar,
ás portiñas
de San Xoán.
Cae a mesa,
cae a artesa,
cae o rei
coa súa grandeza.
Tece, tece, “ghavilán”
¿Cantas “barillas” ten un can?

Potiquiña, poticar

Potiquiña, poticar.
Este xogo sen pecar.

Ás “escondas” dun “cencerro”

Ás “escondas” dun “cencerro”
San Xoán tiraba la,
San Xoán tiraba la.
San Pedro “me” leva o demo
e máis triqui triqui tra
e máis triqui triqui tra.

Pico, pico, mazarico (varias versións)

Pico, pico, mazarico
¿quen che deu
tan longo pico?
Deumo “Dios” “pra” picar
nos carballos.
E piquei e piquei
e repiquei.
Tres “grauciños” atopei.
Leveinos ó muíño a moer.
Os ratiños a roer.
Pillei un polo rabo.
Leveino ó mercado.
¿Canto me dades
por este porquiño cebado?

Explicación:
É un xogo común a moitos pobos de Europa que se utiliza para eliminar ou elixir a alguén. Xogan dous nenos/as. Cadaquén estende unha man e, coa outra, belisca o dorso da man estendida do contrincante ó ritmo do recitado. Os beliscos van sendo cada vez máis fortes e o/a primeiro/a que diga “¡ay!” queda eliminado/a ou ten que cumprir un leve castigo.

Marga, da Estrada

A pita cega (varias versións)

- Pita cega, ¿de onde vés?
- Da feira de Maceda.
- ¿Que traes de venda?
- “Cucharas” para os homes
e “tenedores” para as mulleres.

Mónica de Escornabois-Trasmiras-Ourense

Explicación:
Recítase nunha versión do xogo da pita cega. O xogo consiste en darlle cun pau a un ovo que está no chan, cos ollos tapados.

Pita cega que perdiches un dedal

Pita cega que perdiches un dedal,
espera por el que aí che vai.

M. Barrio - X. Taboada: “Etnografía...”

O vexo vexo

- Vexo, vexo...
- ¿Ti que ves?
- Vexo unha cousa que... (1ª pista; p.e.: é de cor...)
- ...
- ¿Empeza pola letra...?
- ...
- ¿Serve para...?
- ...

Quentiñas

- ¡Frías!
- ¡Frías coma a neve!
- “¡Templadiñas!”
- ¡Quentiñas!
- ¡Que te queimas!
- ¡A cachón!

A perrincha

- Pun, pun.
- ¿Quen vai?
- Pedro Gurgullo.
- ¿Que vén catar?
- Cebada para o burro.
- ¿Canta quere?
- Cen fanegas.
- Aí as tes.

Distribuir contido

Migallas Teatro

O teu dito en orella pendella

Navegación

Boletín Orella pendella

Recibirás un correo cando actualicemos o contido.

Iniciar sesión